Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022

2º Bach: T.1: A árbore da vida, p. 9, 1.

Imaxe
Seguramente che preguntaches algunha vez acerca das túas orixes: como se coñeceron os teus pais, cal foi a súa historia antes de que ti naceses ou como foi a súa infancia.  Por outra banda, observarías xa cales son os teus principais acenos de identidade. Aquilo que che de?ne hoxe explícase tanto polos parecidos que tes cos teus proxenitores como por aquilo que che diferencia deles.  Dunha maneira ou doutra, o que ti es hoxe, a resposta que dás á pregunta «quen son?», é o froito de todas as relacións e interaccións que mantiveches á longo da túa vida cos teus pais, as túas amizades, as túas veciñas e veciños, no lugar onde vives, coa cultura, a so cie-dade e a relixión, coa música que escoitas, os libros que les, e as películas e as series que ves...  Todo iso, ?nalmente, responde e con?gura a túa identidade. Vivir é unha aventura apaixonante, un don que se recibiu, unha chamada interior que che impulsa a seguir cara adiante, unha aventura non exenta de momentos de dor e de alegría. Na