2º Bach: T.1: A árbore da vida, p. 9, 1.





Seguramente che preguntaches algunha vez acerca das túas orixes: como se coñeceron os teus pais, cal foi a súa historia antes de que ti naceses ou como foi a súa infancia.


 Por outra banda, observarías xa cales son os teus principais acenos de identidade. Aquilo que che de?ne hoxe explícase tanto polos parecidos que tes cos teus proxenitores como por aquilo que che diferencia deles.


 Dunha maneira ou doutra, o que ti es hoxe, a resposta que dás á pregunta «quen son?», é o froito de todas as relacións e interaccións que mantiveches á longo da túa vida cos teus pais, as túas amizades, as túas veciñas e veciños, no lugar onde vives, coa cultura, a so cie-dade e a relixión, coa música que escoitas, os libros que les, e as películas e as series que ves...


 Todo iso, ?nalmente, responde e con?gura a túa identidade. Vivir é unha aventura apaixonante, un don que se recibiu, unha chamada interior que che impulsa a seguir cara adiante, unha aventura non exenta de momentos de dor e de alegría. Na vida é importante botar raíces, forxar a túa identidade e formar a túa propia personalidade. A vida é un proceso en continuo crecemento. A vida é como unha árbore frondosa, a árbore da vida.


 1PARA COMEZAR


1 Como se constrúe a identidade persoal?


 2 Somos capaces de tomar conciencia da nosa vida? 


3 Por que é o amor a forza máis importante que temos?


4 Que achega a relación cos demais a un proxecto de vida? 


 5 Onde reside a nosa dignidade como persoas?


1.1  A aventura de ser persoa


O ser humano posúe valor e dignidade polo mero feito de ser unha persoa individual e única. Isto non impide que sempre esteamos en proceso de construc-ción grazas ás relacións tanto connosco mesmos, como cos demais e co ambiente. 


1.1. Imaxe dun mesmo, autoestima e autocontrol


En primeiro lugar, construímos a nosa identidade persoal grazas á imaxe que nos facemos de nós mesmos, sempre en confrontación cos demais.


 A imaxe dun mesmo é fundamental para desenvolver unha autoestima equili-brada. Unha imaxe falsa dun mesmo, unha imaxe distorsionada, pode facernos crer que non somos ou que non valemos nada. Da mesma maneira, pode provocar que nos creamos superiores aos demais ou que os outros non valen nada. Imaxe dun mesmo, autoestima e autocontrol son tres capacidades dos seres humanos que permiten á persoa dirixir a súa vida por si mesma na toma de decisións libres e responsables. En segundo lugar, construímos a nosa identidade persoal a partir da relación 


1 Elabora unha lista coas calidades que che de?nen. Ten en conta cales son as persoas máis importantes da túa vida e os trazos do teu personali-dade que lles debes. 


Tamén podes pensar nalgunha situación do pasado que che custou superar: cales son as calidades que puxeches en xogo nese momento?


Agora, en parellas, escribide unha lista de calidades dalgún compañeiro ou compañeira e justi?cad vosa elección. Deas pués, intercambiade as listas e observa aquelas calidades que coinciden coa túa propia lista e as que ti non crees ter. 


Re?exiona sobre as diferenzas e as coincidencias. Ao ?nali-tsar, tenta responder á pregunta sobre quen es en realidade. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

1º eso: Taller1: Valoro e interpreto desde la Biblia: Visita de los Magos al Niño Jesús: (Mt 2, 1-12), p.28.

1º eso: U. 3:Actúo, practico y me comprometo: El valor y virtud de la libertad, p. 45,s.

1º eso: U. 2.3: Valoro e interpreto desde la cultura y el cristianismo, p. 20